M
A
T
A
R
I
L
E
   
T
E
A
T
R
O
 
   
MATARILE · EN_CARTEL · ESPECTÁCULOS · EQUIPO · NOTICIAS · ACTUACIÓNS · DESCARGAS · CONTACTO

 

GALICIA HOXE. 07.02.2010

O Cisne Negro

Ás veces aburrímonos tanto que o tempo non dá pasado. Estáncase. Os domingos son días para aburrirse. Pina Bausch foi unha bailarina, coreógrafa e profesora de danza alemá, e unha das grandes figuras da danza internacional contemporánea. Era delgadiña como un cisne negro.

En Betanzos hai un magnífico parque chamado El pasatiempo, cheo de misterios, grutas, pasadizos. Sempre me gustou esa cidade para deixar pasar tranquilamente o tempo, soñar con gaivotas negras e ocupar os bares da noite. Os nenos, cando se aburren mortalmente, fan travesuras divertidas e maléficas para fuxir de tanta mediocridade. O filósofo Sartre sentíase aburrido e inventou unha "náusea" curativa, terrible, cristalina. A esperanza habita no aburrimento, porque despois de estar casados queremos divorciarnos. Despois de vivir o amor queremos experimentar o odio.

O escenario, nas obras de Pina Bausch, convertíase nun estraño salón de baile, no que podía ocorrer calquera cousa. Un sapo podía bicar un león. Unha mosca podía namorar dun hipopótamo. As persoas vellas levaban a súa biografía escrita nos seus corpos humildes, gastados. A pintura expresionista cubría todas as máscaras co brillo dunha lúa negra. O aburrimento fai que as persoas novas se metan nas drogas e no alcoholismo. A morte empuxa, violenta e pacientemente, a vida. Nos espectáculos de Pina Bausch todo aparece ensamblado a partir de pequenos episodios. Non hai unha estrutura lóxica e lineal. O resultado é un collage intenso, vitalista. O filósofo Kierkegaard aproxima o aburrimento á melancolía. Se tres gatos sentan nun sofá terían moitas cousas das que falar, pero non falarían de nada. Mirarían a televisión todo o día e toda a noite, esperando a que a crise económica marchase a outro lugar. Cando nos desesperamos somos máis fermosos que as baleas do mar.

Aburrimento divertido

A nova obra da compañía Matarile, titulada Cerrado por aburrimiento, podería empezar dicindo que "Se vende compañía de teatro". Aínda que é unha despedida, tamén podería ser unha chegada a un lugar que non existe. Chegamos a aburrirnos mirando este espectáculo, pero é un "aburrimento divertido". O sol entra no escenario e a luz resulta cegadora, aniquiladora, para os nosos ollos. A mellor forma de dicir adeus é dicir "ola, que tal estás?, queres que merquemos un xeado e un paraugas branco?"

A directora, e actriz, Ana Vallés tamén é un cisne negro, melancólico. Cando tiñamos que admirar os mapas na escola, e aprender toda a xeografía mundial, resultaba dificilísimo, aburridísimo. É mellor aprender outras cousas como montar dacabalo, resistir facendo teatro ou bailar polas noites.

En Cerrado por aburrimiento hai espazo para facerlles "unha crítica aos críticos de teatro". Téñena ben merecida, por pensar que poden emitir xuízos de valor e pintar as couas de branco ou negro. Todos os actores están sobre o escenario e cada un atende a unha cousa diferente. Están xuntos pero dispersos. Sempre me gustou ese "aire de loucura" que hai nas obras de Matarile. A enerxía mestúrase coa falta de enerxía. O entusiasmo convive coa canseira, coa ironía e co absurdo. Ás veces, más que facer teatro, parece que están facendo cine con retallos de mantas vellas.

Unha compañía de teatro "está en venda" e tamén poderíamos vender todas as ilusións, todos os esforzos vitais, todas as apostas. Poderiamos tirar pola ventá toda a creatividade, todo o fume do tabaco, todos os raios de sol. Ao final da película, e do aburrimento, só quedaría chuvia, moitísima chuvia.

 

. Lupe Gómez .

PRIMER ACTO nº 331 - 2009

�Cerrado por aburrimiento�, a experiencia compartida

O 27 de novembro de 2009, no Teatro Colón de A Coruña, Matarile estrenou Cerrado por aburrimiento . Un posdrama filosófico no que a parataxe escénica redunda en preguntas esenciais e, por iso, sobrecolledoras: �¿Por que facemos teatro, Juan?, ¿Para que?�, pregúntalle Ana Vallés a Xan Cejudo en escena.

Matarile chega a este espectáculo cun léxico e un estilo escénicos moi definidos. Teatro de actrices e actores, bailaríns, performers, que compoñen un mosaico existencial e existencialista sen recurrer a máis ficción que a que supón (re)presentarse a si mesmo/as enriba dun escenario, priorizando a experiencia compartida co público por riba dunha experiencia transmitida, priorizando a impulsión de enerxía por riba da significación.

Dos últimos espectáculos de Matarile, éste é o que máis peso confire á figura de Ana Vallés, que actúa sobre o escenario como directora, como actriz, como testemuña e espectadora. As suas preguntas e os seus desacougos artísticos toman forma no que di e no que fai, tamén no que pide aos seus compañeiros, como cando lle pide a Xan Cejudo que se sente á mesa a comer unha sopa e lle recite un poema de Pessoa sobre a máscara e o rostro. Ana tamén se de-constrúe seguindo un patrón semellante ao de Truenos y misterios (2007), coherente co sketch do ventrílocuo que realizaban Marta Pazos e Antón Coucheiro en Illa Reunión (CDG, 2006), homenaxe aos seus inicios co teatro de monicreques e obxectos, referencia ao sempre admirado Kantor. Faino volvéndose boneca desarticulada, obxecto escénico, coa súa perruca negra e unha motricidade extracotián coa que abandona, por momentos, a Ana Vallés.

O escenario é  unha paisaxe. Non hai escenografía que o camufle e o transforme nun espazo dramático ficcional. Hai obxectos reais, algúns, como a gran mesa, atrezados con rodas. A cabaza, da horta de Ana e Baltasar, actúa en pé de igualdade e introduce o tema da contemplación. Contemplamos a paisaxe humana que se move no escenario e nos seus límites, igual que eles/as se contemplan e nos contemplan. As distintas procedencias artísticas e xeográficas de quen compoñen este espectáculo: Argentina, Asturias, Canarias, Madrid e Galicia, intégranse tematicamente e a través dunha linguaxe na que resalta la ironía. Ana cruza o escenario cun cartel: �Se vende compañía de teatro� . Alba Fernández, José Campanari, Mónica García, Mauricio González, Ricardo Santana, Xan Cejudo e Ana Vallés son as illas flotantes que se tocan por veces, as cerdeiras que entrecruzan as suas pólas mentres despiden as suas flores efémeras. A iluminación e o espazo sonoro de Baltasar Patiño son tamén actores. Patiño inventa luces igual que inventa sons, algunhas tan fascinantes como as liñas horizontais que pasan polo escenario e pérdense mentres Mónica García danza o baile da caída.

Desde Galicia, con un humor e unha factura peculiares, xunto a un diálogo artístico internacional, asistimos á consolidación dun teatro heterodoxo de composición escénica. Matarile e Chévere abriron camiños nos escenarios, como os que está abrindo a ESAD de Galicia desde a formación, para novas tentativas de renovación teatral.

. Afonso Becerra .

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

h

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

C E R R
A
D
O
 
P
O
R
 
A B U R R I M I E N T O
· ·