O título xurde dunha conversa co meu amigo o cociñeiro (Suso, de O Dezaseis) o ano pasado. Ante o seu cansanzo crónico e o seu desexo insistente de abandonalo todo propúxenlle que colgara un letreiro na porta do restaurante e viñera de vacacións comigo a Porto. O letreiro diría: CERRADO POR ABURRIMIENTO. E como define absolutamente o meu estado actual, adopteino como título para o novo espectáculo de Matarile.
Non aceptar o aburrimento,
antes pechar,
mellor matarse.
Por aí comezamos.