O teatro de Ana Vallés é unha desas propostas que nos apreixa porque é capaz de dicilo todo sen contar nada e proque fai da ousadía e da transgresión estética os seus sinais de identidade.... Truenos & Misterios, como acontece sempre co teatro de Matarile, é refrescante porque foxe das convencións e porque foxe do argumento tradicional do teatro para espir os personaxes a través do que é, seguramente, un dos recursos máis produtivos das artes: a ruptura das fronteiras entre realidade e ficción.
Inma López Silva. TEMPOS NOVOS
|
 |
Truenos & Misterios é como un ballet absurdo e, polo tanto, é un lugar no que expresarse con liberdade. Todo o tempo divirte ó público, e tamén hai momentos moi intensos e íntimos nos que fai chorar. Ten esta obra esa atmosfera elegante que teñen os enterros. Tean a ironía necesaria para poder relativizar os temas máis serios. É como ir a unha festa na que o espanto move os fíos dos acontecemento. Aprender a falar dos temas-tabú. Falar da dor enorme que nos produce estar vivos.
Lupe Gómez. GALICIA HOXE
|
 |
...a realidade escénica funciona con sistemas de codificación e intensificación perfectamente ensamblados facendo verdade o dito de que a arte non pode ser reducida a palabras.
Xosé Lueiro. GALICIA HOXE
|
 |
Matarile Teatro, ofrecendo a voz de Ana Vallés a través dos seus actores e dela mesma, realiza unha arriscada reflexión sobre o que é a arte, o teatro, a vida do artista e a perspectiva histórica. Unha posta en escena fermosa, vibrante, chea de matices, permite conducir os actores interpretándose a si mesmos polos seus recordos e reflexións, ás veces con melancolía, outras con moito humor. Un pouco de Kantor, xogos intertextuais e moito Thomas Bernhard dende o distanciamento, salpican unha proposta creada dende fóra do texto e apoiada na reflexión. Valentes, arriscados e cheos de verdade. Non hai nada que sexa máis de agradecer nestes tempos de impostura ca unha verdade á cara.
Arianna Fernández. OPHELIA
|
 |
Non lle escapa ao espectador a ironía posmoderna destes procedementos, nin o humor intelectual co que se enfrontan -indulxente, pero agudamente- unhas relacións marcadas pola invisibilidade e pola soidade profunda, que de puro angustiosas resultan cómicas, ou unhas biografías feridas e relativamente insatisfeitas ás que non se quere tomar demasiado en serio.
En resumo, Truenos & Misterios é un espectáculo amargo e, asemade, xovial que supón un paso máis na traxectoria coherente e ambiciosa de Matarile. Ana Vallés segue investigando nos territorios das súas obsesións dramáticas e intelectuais, pero faino sen repetir fórmulas, senón pola contra, asumindo novos riscos. Pero o seu dominio da situación, a súa seguridade en si mesma, son indubidables, como o son tamén a súa orixinalidade e o seu extraordinario sentido do teatral.
Eduardo Pérez-Rasilla. MADRID TEATRO
|
 |
| t |
r |
u |
e |
n |
o |
s |
|
& |
|
m |
i |
s |
t |
e |
r |
i |
o |
s |
|
|