AKEMI TAKEYA
|
Foto: Armin Bardel |
Día 23 Hora 19:30 (aforo limitado) |
AKEMI TAKEYA Viena (Austria) Presentación en Galicia
ZZ
Concepto, coreografía, concepto musical e interpretación: Akemi Takeya
Supervisor artístico: Ong Keng Sen
Deseño de luces: Jan Wagner
Son: Arnold Haberl
Son: Bernhard Gál
Asistente de dramaturxia: Armin Anders
Vestiario: Anja Lerch, A. Takeya
Produción: IMEKA
Estrea: xullo 2004, Impulstanz Festival, Vienna
ZZ. O proceso, que foi desenvolvido en silencio, móstranos un ciclo xeométrico que trata os elementos simbólicos do pasado, presente e futuro con 15 motivos para espazo, son e corpo, para voz e movemento. Takeya transmite o son da súa respiración, a constante máis pequena do silencio. O seu traballo amosa a sincronización do son e da respiración humana por un lado e un son manipulado e definido polo outro. Os dous, respiración e son, son modificados en tempo e espazo.
Tanto o son coma os quince motivos elementais provocan unha metamorfose de voz e corpo. Estes motivos básicos xorden dun traballo creativo de varios anos. A sensibilidade para un espazo silencioso, definido pola luz e desenvolvido mediante os seus modos multifuncionais de expresión, conecta con espazo, son e movemento a través da combinación dos quince elementos, creando un complexo labirinto.
Akemi Takeya
Desde 1991 Akemi Takeya vive e traballa en Viena. Colabora con artistas de danza, teatro, artes audiovisuais, fotografía e música: Dúo Tsuru Tsuru (1993) e vídeo-danza Holly Holly Hollyluia (1993) con Oya Produktion. Performance visual Modell 5 (1994) para o proxecto Granularsynthesis. Intérprete no proxecto audiovisiual Caleidoscopia (1994) de Paul V. Weihs. Colaboración con músicos de música electrónica como Christian Fennesz e con Tetsuo Furudate na estrutura de Transart 2003. Idea e planificación de AJ Project (Programa de intercambio de Danza e Performance de Austria-Xapón: Yokohama 2002 / Vienna, Budapest, Praga 2003). Weathering con Ulf Langheinrich (ambiente audiovisual) en TQW (2005). SO WHAT! en colaboración co grupo Rechenzentrum de Berlín (impulstanz 2006),
Entre os seus traballos en solitario están:
Imeka (1997), Bodypoems-REFLECTION (1998; tamén como proxecto de vídeo-arte).
Drowning Fish solo polo que recibiu o premio Austrian Dance Production Award en 1999. Yuragi (2000), Terror by a blind stranger (2001), Black Honey Drops (impulstanz 2001), Shadow Pieces (2002). Multiple space (2001). Double space (2002). Solo FEELER no Dietheater Wien (2006)
