
| t |
r |
u |
e |
n |
o |
s |
|
& |
|
m |
i |
s |
t |
e |
r |
i |
o |
s |
|
Un científico, un maestriño de escola e actor,
un bailarín e licorero, o profesor, e eu.
Asomámonos a un balcón e, alí abaixo, eses seres que fomos,
un desfile de datos non escritos -a pel non se escribe-
aparentemente inservibles pero non esquecidos.
Eliminado o decorado e extraídos da súa contorna -unha fábrica de coches,
un ballet nacional, unha escola,
un obradoiro de marionetas ou un laboratorio de universidade-,
trasladados a un escenario
e vistos agora desde a barreira,
diseccionados ante o patio de butacas,
estes personaxes non son máis que produtos atónitos de ALGO
-chamémoslle historia, cultura, familia, tempo-
que non puideron ou non souberon controlar.
¡E que se lles foi das mans! |
| Ana Vallés |
|